danga danga

Na terra de…

NA TERRA DE é unha produción de Danga Danga Audiovisuais para Televisión de Galicia. Consta de 14 capítulos de 50 minutos.

NA TERRA DE quere achegarse a cada trazo da nosa identidade dende diferentes puntos de vista. Pregúntase que hai detrás de xestos dados por supostos, visita as fábricas en que nacen os obxectos cotiás e enfoca as mans dos artesáns, debuxa as músicas de noso e afonda nas voces máis novas, pasa polo mar de sempre e navega polos oficios de hoxe. Porque, alén da velocidade deste século, e mesmo bulindo nela, atopamos unha vella Galicia que segue firme, cos pés ben postos NA TERRA DE…

TERRA SOLO

2×12 Enfermidades

Hai milleiros de persoas que se erguen cada mañá coa certeza de que o meirande reto do día é a vida mesma. Homes e mulleres que padecen na súa pel a dureza da enfermidade e a aínda máis cruel incomprensión da diferenza. Mobilízate achégase a enfermos e familiares das dúas enfermidades dexenerativas máis extendidas da nosa sociedade, Alzheimer e Parkinson, para coñecer o día a día dunha loita contra o tempo mesmo. Saímos á rúa con eles e faremos partícipes aos que pasen de que ás veces, para axudar a alguén, basta cun pouco de comprensión. Como a que tamén reclaman os enfermos de Crohn e colite ulcerosa, que nos demostrarán que sempre que haxa un ombro amigo, existirá a fe.

10 anos de Berberecho e 1 de Danga Danga

O Berberecho faise maior e Danga Danga cumple o seu primeiro ano, para celebralo estamos de estrea: temos nova web e por fin colgamos o Berberecho en internet (que estaba descolgado da rede trala desaparición de Flocos.tv) Agardamos comezar este segundo ano con bo pé e estar ao voso carón nos anos vindeiros.


Benvidos e benvidas a nosa páxina!

2X11 Lingua

En Galicia conviven dúas linguas. E o que debería ser unha riqueza cotiá convértese moitas veces nunha fonte diaria de conflitos. Neste programa especial para as letras galegas, abogaremos pola normalización do galego cos colectivos que traballan arreo pola súa inclusión dentro dun sistema que aínda pensa en castelán. Demostraremos que é posible defender unha lingua sen atacar as liberdades de ninguén e que cando nos mobilizamos coa palabra os nosos actos están cargados de razón. Por iso, as accións deste programa buscan achegar e comprender, en espazos públicos ocupados por multitudes activas que non rexeitarán un bico… ou mil.

Danga Danga en “Desde Galicia para el mundo”

Temos o pracer de formar parte do programa nº914 de Desde Galicia para el mundo: “Gente creativa: la gran industria” onde falamos da produción audiovisual en Galicia.

Somos una industria porque tenemos talento y generamos beneficio. Porque trabajamos con los mejores y porque nos hacemos oír en el exterior. Las nuevas generaciones del sector audiovisual nos han otorgado premios y reconocimiento, pero sobre todo han abierto camino a los que llegan empujando detrás.

Perder una vaca puede representar la mejor formar de acercarse a Corea del Sur. Crebinsky no sólo nos da lecciones de guión, nos proporciona también nuevas formas de producción y distribución. El futuro pasa por seguir avanzando. La joven productora Danga Danga, premiada como idea empresarial de comercio y turismo por el ayuntamiento de Compostela estudia y analiza nuestros movimientos en los nuevos soportes para dar un paso más. No sólo somos innovadores, también somos competitivos. Necesarias son nuevas tecnologías, formación, visión, marketing, ayudas… lo imprescindible sigue siendo tradicional.