danga danga

1×01 Portocamba

En Portocamba, unha pequena aldea do municipio ourensán de Castrelo de Val os veciños descoñecen que é iso da TDT. Tamén teñen problemas coa telefonía móbil porque a cobertura desaparece a pouco que te movas da cima do outeiro. Os parroquiáns, xa que para outra cousa non sirven, danlle usos alternativos aos móbiles. Cansos da situación decidirán poñer a andar o seu enxeño para que todo o mundo saiba da súa necesidade. Ademais o equipo do programa porase en contacto cun grupo de novos investigadores das universidades galegas que se enfrontarán ao reto de topar a maneira de darlles cobertura. O talento dos máis novos demostrará que a canteira hai que coidala.