danga danga

1×02 Parados en acción

O paro é a maior preocupación da cidadanía galega na actualidade. De entre os numerosos desempregados, o colectivo de parados de longa duración constitúe a parte máis dramática do problema. Coñeceremos o seu día a día, a súa loita continuada por acceder a un traballo digno e construiremos con eles un baile simbólico de protesta para reclamar que aínda que alguén mire cara outro lado, eles seguen aí e unha cola é algo máis que unha masa de xente.