danga danga

1×03 Mulleres deportistas

Practicar deporte non é tan sinxelo como semella. Facelo a nivel profesional implica un desenvolvemento de medios e infraestruturas que dificulta a participación de determinados colectivos. As mulleres deportistas galegas reivindican a súa presencia nun entorno aínda predominantemente masculino, no que as medallas e os títulos acumulados semellan carecer de valor. Xuntas como colectivo, sairán á rúa para demostrar a súa valía e demostrarlle á sociedade que hai un espazo que lles pertence.