danga danga

1×04 Apadriña un bache

 

En Santiago de Compostela, o Ano Santo converteuse para os veciños no Ano dos Baches. A proliferación de obras e o mal estado das estradas en determinados puntos da cidade levou aos veciños a idear maneiras de trascender na súa reclamación dunhas condicións idóneas de circulación. Reunidos nun pasarrúas multitudinario, os veciños cantarán en cada unha das fochancas que vaian topando ao seu paso, contando coa complicidade de turistas e viandantes.