danga danga

1×07 O río Eo

Os veciños de Ribeira de Piquín, Meira e A Pontenova contan cun patrimonio natural de primeira orde, o río Eo, que constrúe ao seu paso pola comarca unha zona de especial protección incluída na rede Natura 2000. Pero o proxecto de construción dunha central hidroeléctrica na zona pon en perigo a continuidade dun ecosistema rico e dun entorno espectacular. Os veciños dos tres concellos, inmersos nunha marea de actividades, deciden poñer en marcha a súa particular “hora do planeta”.