danga danga

1×08 Inmigración

 

Os galegos sempre fomos un pobo de emigrantes. No século XXI semella que xa somos un país desenvolvido: agora recibimos inmigrantes. Primeiro viñeron de volta os que no seu día marcharan; ou os seus descendentes, galegos tamén. Despois, xentes doutras etnias ben diferenciadas a nós. Pero pasaban desapercibidos. Ben, a non ser que fosen xogadores do Depor ou do Celta. Un inmigrante é invisible. Un grupo, non. Por iso nos imos mobilizar para solidarizarnos con quen non se diferencia moito dos nosos devanceiros da diáspora. En Santiago de Compostela, entre tanto guiri, un colectivo reclama ser o que son: galegos coma nós… parándose para chamar a atención.