danga danga

1×10 Demasiadas barreiras

A vida vese distinta cunha discapacidade. Os minusválidos deben enfrontar diariamente multitude de dificultades que non o son para o resto da xente. Escalóns, beirarrúas en mal estado e mesmo coches aparcados en pasos de peóns e zonas reservadas a minusválidos. Demasiadas barreiras. Debemos ter en conta tamén que hai máis tipos de minusvalías; non só os que van en cadeira de rodas, senón que hai outros tipos de discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas. Ademais de ver esta realidade desde os seus ollos participaremos con eles na construción dalgunha acción conxunta que nos amosan que eles poden facer unha vida normal, e ata poden destacar nos deportes.