danga danga

1×12 Os Peares

 

Os Peares é unha vila coñecida por ser o lugar de orixe do presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo. Pero esta non é a única singularidade relacionada coa Administración. A vila pertence, que non limita, aos concellos de A Peroxa e Nogueira de Ramuín, na provincia de Ourense, e a Carballedo e Ferreira de Pantón na de Lugo. Isto suponlles aos veciños un peculiar trastorno burocrático, que nos lembraría a aquela historieta kafkiana das «Doce probas de Asterix» onde os afoutos galos case que chegan á tolemia ao presentaren unha instancia.