danga danga

1×14 Mellores momentos

 

Ao longo da primeira temporada estivemos apoiando ós veciños de Portocamba para que poidan acceder ás novas tecnoloxías, ós mariscadores da Ría do Burgo por unha ría limpa. Tamén tratamos a problemática das fochancas de Compostela, fixemos visibles a colectivos como discapacitados, deportistas galegas, mulleres rurais… Sempre realizando accións de carácter lúdico como bailes en lugares públicos, un apagón de toda unha bisbarra, fomos quen de levarmos unha vaca a un recinto deportivo. Asemade conxelamos a un grupo de inmigrantes ou mesmo celebramos o día da independencia da vila de Os Peares.