danga danga

2×01 Saúde para todos

En tempos de crise e austeridade son inevitables algúns recortes, pero hai certas áreas que fan que o cidadán se mobilice. Na vila orixinaria de Martin Sheen, Salceda de Caselas, non importaría que supriman a serie Urxencias, pero si queren recuperar o servizo de urxencias que suprimiron polas tardes e na fin de semana. Monforte tamén berra para que non se suprima a súa área sanitaria. Uns cantando e outros ficando conxelados quererán poñer fin a tanto tempo de respostas esquivas e mirar cara outro lado por parte da administración.