danga danga

2×02 Maternidade

A maternidade é un proceso emocionante pero repleto de dificultades. Os logros acadados polas mulleres ao longo de anos de loita para conciliar a súa condición de nais e cidadás aínda precisan completarse coa cobertura de máis dereitos básicos. As nais presentes e futuras reclamarán neste programa a súa opción de decidir como queren que o seu neno chegue ao mundo e como acompañalo neses primeiros momentos nos que a relación entre eles está marcada mesmo polos lazos do instinto. Acompañarémolas na preparación desa chegada, coñeceremos cales son as súas opcións (e cales cren que deberían ser) e saudaremos aos recén chegados cunha cámara entre as mans. Logo dun programa cheo de reivindicacións para elas e para as que veñen detrás delas, as nais normalizarán ante o mundo a posibilidade de amamantar aos seus cativos en accións multitudinarias de toma de leite materno en espazos públicos das catro provincias galegas.