danga danga

2×03 Vivenda

Chegar a dispoñer dunha vivenda (en propiedade ou aluguer) na que vivir con dignidade é, nos tempos que corren, unha auténtica aventura. Achegarémonos á cidade vella de Ferrol onde numerosos colectivos cidadáns reclaman o saneamento dunha zona con moita tradición maltratada polas inmobiliarias Ao igual que en Betanzos, cun casco histórico singular en moi mal estado. Tampouco olvidaremos á xente que non ten un teito onde ampararse cando chove (en Vigo diversos colectivos levan tempo reclamando un albergue que mitigue os seus problemas). Todos xuntos exercerán o seu dereito a dispoñer dun lugar onde durmir ocupando as rúas de Vigo, Ferrol ou Betanzos como se se tratase do seu propio fogar.