danga danga

2×04 Educación

MOBilízate acode á chamada de distintos colectivos da comunidade educativa que reclaman coas súas accións a cobertura dunha serie de necesidades inmediatas. Estaremos en Vilagarcía, onde un grupiño de nenos ten que trasladarse en taxi a outro instituto para poder acceder aos servizos de comedor. E en Celanova, onde os alumnos, pais, profesores e veciños defenden con todas as súas forzas que o seu benquerido instituto, o Poleiro, a gran xoia arquitectónica e sentimental da bisbarra, non acabe nas mans da especulación urbanística. Xuntos construirán un lipdub sobre a base do Alejandro, de Lady Gaga, valéndose da música como medio de expresar a súa protesta. E non será toda a música do programa, porque en Negreira tamén teñen moito que dicir. Os rapaces da bisbarra valeránse de todas as notas para construír accións na rúa que mesturan canción e performance co obxectivo de reclamar un conservatorio profesional para a vila de Negreira.