danga danga

A Produtora Danga Danga

Deseño completo de producción audiovisual, desde a elaboración do guión a postprodución. Danga Danga é unha forma de ver o mundo. Un interese común polas pequenas cousas feitas con destreza. Interesámonos polas historias e os personaxes -reais e imaxinados- coa certeza de que a eles debemos o esforzo en cada unha das etapas do noso traballo.