danga danga

Marta Eiriz

Licenciada en Belas Artes coa especialidade de Deseño e Audiovisuais, que a fixo introducirse no mundo da curtametraxe; primeiro na Dirección Artística e cada vez máis metida na produción, continuando a súa formación académica cursando un Master en Produción Audiovisual.

Traballou na TVG levando a produción dos deportes e máis adiante asentándose facendo durante varios anos os directos da cadea por Galicia adiante. Eso si, sen descoidar a súa faceta artística realizando algunha que outra exposición de pintura, deseño gráfico e de títulos de crédito de obras cinematográficas.