danga danga

Gaspar Broullón

 

Gravación en "Torre do Río", Caldas de Reis.

Gaspar é… un tipo serio. Xornalista de formación, ía para locutor de radio ata que descubriu que o importante deste negocio é contar historias e a iso adica o seu tempo.

Vén de realizar o programa de televisión, Ben Falado!, para TVG, logo de templar nervos, estilo e paciencia na montaxe de telefilmes (Rincóns da memoria), documentais (Santa Liberdade, El país de nomeacuerdo) e multitude de programas de televisión (Desde Galicia para el mundo, Criaturas, Vivir Aquí, Natureza, Doa a Doa, Banda Curta, Antes do Silencio), así como no guión de campañas de publicidade para clientes como a Xunta de Galicia ou o Xacobeo.