danga danga

Setembro

Un rapaz que viaxa no tren para coñecer á súa cibermoza. Un temporal que deixa na praia os contenedores dun barco. Dúas chavalas que botan un pito espidas na cama. Un vello que vive só na aldea. Unha nai progre divorciada que é asaltada na súa casa rural restaurada.

Son cinco historias porque cinco son as provincias galegas, se contamos a da diáspora. E no século XXI hai quen aínda emigra ao estranxeiro, quen aínda emigra ás grandes cidades españolas e quen xa emigra sen saír da casa, a través da Internet. E, estando na era dixital, estando nun país máis rural ca urbano, pódese ver un conflito de ritmos de vida.