É posible ser nai e deportista de elite?
Seica si. Nunca te Rindas é unha película de non ficción que trata sobre a problemática das deportistas que queren ser, ou son nais, e as súas teimas. Un documental estruturado en catro capítulos principais que son: os aspectos médicos, marketing, lexislación e a conciliación. Ao mesmo tempo, e dun xeito experimental, imos contar a historia do deporte feminino e a problemática dunha «muller» deportista que queda preñada e nos guía ao través desta viaxe.
E logo, reflicte o deporte o espírito da sociedade?
A DIRECTORA
Marta Eiriz dirixiu o seu primeiro proxecto na TV realizando Festas para A Galega. O seu primeiro achegamento ao mundo documental como directora foi un interesante traballo sobre o despoboamento do rural na Galicia pospandémica. Agora vai dirixir a súa primeira longametraxe, Nunca Te Rindas, despois de producir a premiada Esquece Monelos e nomeada aos Premios Feroz.
Mais, como se convertiu en produtora e directora de cinema cando é Licenciada en Belas Artes? Neste filme vai fusionar toda a súa experiencia académica e profesional. Estando cursando os estudos de BB.AA. comezou a facer a dirección artística en curtametraxes, no limiar do século XXI. Como era quen de acadar os elementos de atrezzo e decoración que precisaba o cinema de baixo orzamento, acabou meténdose no mundo da produción, realizando un Master de Produción e Xestión Audiovisual (MPXA). Traballou en directos e deportes na TVG; fixo de Xefa de produción nunha longametraxe que parara a produción a unha semana de rodar. Entón acabou montando a súa propia produtora Danga Danga, que xestiona actualmente co tamén director, Sepi Bazarra.
A IDEA
Aló polo 2017, a directora foi convidada a unha palestra sobre igualdade. No 2010 Danga Danga fixera un programa no que se facían flashmobs a modo de protesta social. Entón presentou unha escolma de deportistas femininas reclamando visibilidade estando embarazada de cinco meses, é aí cando xurdiu a cuestión: como farán as deportistas se quedan embarazadas? Comezou a documentarse e viu que nunca se tratara o tema no cinema. Ao longo destes anos foi financiando a longa, e ao tempo apreciouse un cambio na conciencia social sobre a muller e o deporte. E ata hoxe…
Equipo
Producida por Danga Danga e CRTVG
Producción Executiva: Sepi Bazarra
Guion: Marta Eiriz
Dirección: Marta Eiriz
Dirección de Fotografía: Alberte Branco AEC
Foquista: Artur Rodríguez
Aux. Cámara/DIT: Miguel Gomar
Gaffer: Miguel Vidal
Dirección de produción: Andrés Rozados, Marta Caride, Samuel Suárez
Axte. Dirección: Alberto Lobelle
Son e pospro: La Panificadora
Música: Cristina Morquillas
Montaxe: Alejandra Sotelo
Animacións: Isabel Vila
E sobre todo as persoas que saen diante da cámara e protagonizan este filme.
MEMORIA