Documental para TVG sobre o famoso escritor galego autor do libro A Esmorga, levado dúas veces ao cine.
No documental interveñen: familia, amigos, diferentes persoas relevantes da cultura galega; ademais de Ian Gibson, Gonzalo Suárez e José Sacristán, entre outros.
Eduardo Blanco Amor, uno dos autores máis importantes da literatura galega do século XX, moi amigo de Lorca, retratou a súa vida en instantáneas que recorren todo o século XX. Este documental amósanos a mirada particular do escritor, a súa personalidade e actitude ante situacións cotidiás.
Date:
febrero 18, 2022