Primeira longametraxe producida e distribuída por Danga Danga estreada en salas comerciais. Nela tratamos a perda da memoria tomando como exemplos as consecuencias do desenvolvemento desmedido nos 60’s y 70’s, arrasando con todo o preexistente, sendo o fío condutor o río Monelos (A Coruña), condeado a formar parte das cloacas nalgúns tramos para poder construír bloques de vivendas. Ao igual que este río, que aparece e desaparece, acontece o mesmo coas sinapsis das neuronas humanas en enfermidades como o Alzheimer.
Este filme documental foi protagonista nos Mestre Mateo, recibiu unha mención especial en DocumentaMadrid, nominado aos premios Feroz, entre outros, e seleccionado polo Instituto Cervantes para unha xira de proxeccións nos seus diferentes centros e outras salas arrededor do mundo.