PRODUTORA
Danga danga é unha produtora formada por Sepi Bazarra e Marta Eiriz que comeza en 2001 realizando curtametraxes e, oficialmente como empresa, en 2010, centrada en televisión (en todos os formatos) e divulgación; ata que, en 2017, produce a súa primeira longametraxe cinematográfica «Esquece Monelos”, chegando a ser finalista nos Premios Feroz e premiada en DocumentaMadrid, entre outros. Actualmente estamos preproducindo a nosa segunda longametraxe: Nunca te rindas.
En paralelo, estamos na fase de desenvolvemento con :
“Setembro” unha película coral con certa “historia” e “Welcome To The USA” das longametraxes de ficción subvencionadas pola Xunta.
QUEN SOMOS
Marta Eiriz:
Estudei Belas Artes na especialidade de deseño e audiovisuais. Mentres estudaba, comecei a colaborar en diferentes curtametraxes como directora artística e deseñadora. Nese momento dinme de conta de que podía aplicar as Belas Artes co cine. Entón decido estudar Produción Audiovisual (MXPA – Universidade da Coruña). Durante moitos anos exercín de produtora tanto en televisión (deportes, directos, programas…) coma no cine. Agora decido fusionar a experiencia na produción con aspectos máis artísticos dirixindo o documental Nunca te Rindas.
Sepi Bazarra:
Deixei a Enxeñaría de Telecomunicacións porque prefería manexar aparatos que deseñalos. Estudei Produción Audiovisual e Espectáculos e comecei a facer algunha práctica. Despois de Periodismo (onde fun fundador do Cineclube de Compostela) fixen unha especialidade en Comunicación Audiovisual na Era Dixital.
Mentres realizaba diversas curtametraxes coma Berberecho, Os Días do Caos, Los Reyes del Columpio, 5 Pezas ou Berberecho II, díronme unha patada cara arriba con diversas retrospectivas no CGAI, Cineuropa, Universidades… e púxenme a escribir longametraxes: Setembro, Benvidos a USA… subvencionadas pola Xunta.